Ditame do XVI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Ditame do XVI Fiz Vergara VilariñoO mércores 15 de xuño, ás 19:00 horas, na casa do concello de Sárria abriremos a plica da obra gañadora do XVI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, logo da derradeira deliberación.
O xuri está composto por Yolanda Castaño, Marcos Abalde e Baldo Ramos, con voz e voto, e actúan como presidenta a concelleira de cultura de Sárria, Mónica López e como secretaria a presidenta de Ergueitos, María Casar.

Entrega do XV Fiz Vergara Vilariño

DSC_9537

actuación de O Trícole

 

As gañadoras do 1º e 15º Fiz Vergara Vilariño, Marica Campo e Charo Lopes, o editor Miguel Anxo Fernán-Vello e a Presidenta de Ergueitos, MaríaCasar

As gañadoras do 1º e 15º Fiz Vergara Vilariño, Marica Campo e Charo Lopes, o editor Miguel Anxo Fernán-Vello e a Presidenta de Ergueitos, MaríaCasar

DSC_9551

Miguel Anxo Fernán-Vello, Verónica Martínez, Charo Lopes, Toño de López e María Casar

DSC_9512

Marcos Abalde Covelo é o gañador do XIV Fiz Vergara Vilariño

a.c. ergueitos sárria

 

 

En Sarria a 10 de maio de 2014

Reuniuse o xuri do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, composto por Cristina Ferreiro, Xabier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo,  actuando con voz e sen voto como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar.

Logo dunha intensa deliberación motivada pola cantidade e calidade dos poemarios presentados  o ditame final realizouse sobre dúas obras.  A que acordamos por unanimidade é a gañadora desta edición do Fiz Vergara Vilariño, presentada baixo o lema OENACH e seudónimo HUMUS e a presentada baixo o lema Chegaron os xinetes das primeiras xeadas, da que aconsellamos a súa publicación.

Na obra gañadora, Oenach, destacamos a súa boa construción e alento poético, as recurrencias míticas e a denuncia da ignominia: Ceuta, Lampedusa, Tijuana, Guernika, San Simón… Hai neste libro unha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega. Hai poesía e hai terra.

Aberta a plica en acto público ás 13:30 horas a obra presentada baixo o lema Oenach resultou ser da autoría de Marcos Abalde Covelo.

 

 

 

 Cristina Ferreiro                   Xabier Rodríguez Baixeras                Miguel Mato Fondo

 

 

 

Francisco Pérez                       María Casar