Marcos Abalde Covelo é o gañador do XIV Fiz Vergara Vilariño

a.c. ergueitos sárria

 

 

En Sarria a 10 de maio de 2014

Reuniuse o xuri do XIV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, composto por Cristina Ferreiro, Xabier Rodríguez Baixeras e Miguel Mato Fondo,  actuando con voz e sen voto como Presidente o Concelleiro de Cultura de Sarria, Francisco Pérez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar.

Logo dunha intensa deliberación motivada pola cantidade e calidade dos poemarios presentados  o ditame final realizouse sobre dúas obras.  A que acordamos por unanimidade é a gañadora desta edición do Fiz Vergara Vilariño, presentada baixo o lema OENACH e seudónimo HUMUS e a presentada baixo o lema Chegaron os xinetes das primeiras xeadas, da que aconsellamos a súa publicación.

Na obra gañadora, Oenach, destacamos a súa boa construción e alento poético, as recurrencias míticas e a denuncia da ignominia: Ceuta, Lampedusa, Tijuana, Guernika, San Simón… Hai neste libro unha feliz adaptación dun mito clásico á realidade histórica e social galega. Hai poesía e hai terra.

Aberta a plica en acto público ás 13:30 horas a obra presentada baixo o lema Oenach resultou ser da autoría de Marcos Abalde Covelo.

 

 

 

 Cristina Ferreiro                   Xabier Rodríguez Baixeras                Miguel Mato Fondo

 

 

 

Francisco Pérez                       María Casar

Entrega do XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Este sábado 14 de setembro entregaremos o XIII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño a Eva Veiga nun acto que terá lugar na Casa da Cultura de Sarria, ás 19:30 horas.
Participarán os membros do xuri Rosa Enríquez, Xerardo Quintiá, Alfredo Ferreiro, Francisco Pérez e María Casar e o artista plástico Miguel Ángel Macía.

A. C. Ergueitos