Benvida

a.c. ergueitos sárria

“e o mundo comezou a xirar en bolina”
Fiz Vergara Vilariño
Pastora de sorrisos

Abrimos este blogue coa ilusión lizgaira que se acubilla nos desexos por cumprir. Será esta unha xanela que se abra entre nós e vós para compartir as novas que nazan arredor do Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño e do roteiro literario polos lugares da Xabreira.
Nace co fin de construír pontes, vieiros de luz e chirlomerlos. Irá dende os cómaros até as montañas, dende o mar aos máis escondidos vales, pasando por vagoadas e outeiros, rubindo polos soutos de castiñeiros centenarios, voando nas asas da Bolboreta Zugamel para achegarvos ergueitas e repoludas as novas que vaiamos acadando … ou soñando.

María Casar
Presidenta da A. C. Ergueitos

Unha reflexión sobre “Benvida

  1. Ola!Son Xulio de Bustofrío.É unha regalía comprobar como nun tempo tan convulso para a lingua e a cultura do país vós estades a dignificala en cada acto no que lembrades a memoria e a obra do Fiz. O Fiz é o emblema da Lóuzara Xabreira para moitos louzariños pero tamén para moitos outros que aí estades ano tras ano e que xa pasades a formar parte da paisaxe louzariña. Ánimo e a seguir, que o Apalpador xa anda á procura da madeira de abelaira e carballo na devesa de Daquil Cabo para facervos algún brinquedo de madeira. As castañas convídovos a apañalas no souto en Santalla.
    Abur.

Os comentarios están pechados.