Charo López Sánchez gaña o XV Fiz Vergara Vilariño

a.c. ergueitos sárria

 

En Sarria a 22 de maio de 2015

Reuniuse o xuri do XV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, composto por Marta Dacosta, Verónica Martínez e Miguel Anxo Fernán-Vello,  actuando con voz e sen voto como Presidenta a alcaldesa de Sarria, Pilar López Yáñez e como Secretaria a Presidenta de Ergueitos, María Casar.

Por unanimidade acordouse conceder o XV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño á obra presentada baixo o lema De como acontece a fin do mundo, co seudónimo Morgana de Camelot. O xurado valorou especialmente o discurso e o carácter unitario do libro, que constitúe una “crónica vital”, na que se entrelazan a experiencia existencial e a tensión social, unido isto a unha linguaxe poética de gran efectividade expresiva.

Aberta a plica en acto público ás 18:00 horas a obra presentada baixo o lema De como acontece a fin do mundo resultou ser da autoría de Charo López Sánchez.

 

Marta Dacosta                        Verónica Martínez                           Miguel Anxo Fernán-Vello

 

Pilar López Yáñez                   María Casar

 

Ditame do XV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Ditame do XIV Fiz Vergara Vilariño

 

O próximo luns, 22 de xuño, ás 18:00 horas, abriremos a plica da obra gañadora do XV Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño, logo da derradeira deliberación.

O xuri está composto por Verónica Martínez, Marta Dacosta e Miguel Anxo Fernán-Vello, actuando como Secretaria a Presidenta da Agrupación Cultural Ergueitos