Xornada de reparación do roteiro Fiz Vergara Vilariño

Xornada de reparación dunha das instalacións artísticas do roteiro por Lóuzara Fiz Vergara Vilariño.
Unha brigada do concello de Samos, veciños, familia do Fiz e membros de Ergueitos repuxemos os “tambores de seimeira” de Paco Pestana, logo de que o castiñeiro no que estaban pendurados cedese pola raíz.
Enviámosvos fotos