Bases do XII Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño

Presentación de Fornelos & Fornelos de Xerardo Quintiá

presentación de FORNELOS & FORNELOS de Xerardo Quintiá

PRESENTACIÓN XI FIZ VERGARA VILARIÑO

XI roteiro por Lóuzara

Entrega do XI Fiz Vergara Vilariño

entrega do XI Fiz Vergara Vilariño

entrega do XI Premio de Poesía Fiz Vergara Vilariño[1]

Ditame do XI Fiz Vergara Vilariño

Polas terras de Fiz

POLAS TERRAS DE FIZ

Francisco X. Fernández Naval

Dende a primavera chamaban por nós as terras de Lóuzara, o territorio íntimo de Fiz Vergara Vilariño. Eran as dez da mañá do mércores 8 de decembro, cando saímos para Sarria. O día amencera con chuvascos e néboas e pensamos que a climatoloxía condicionaría a excursión. Agardaban por nós María Casar e Xerardo Alvaredo, activistas da Asociación Cultural Ergueitos e da memoria do Fiz.
Aínda chovía cando de Sarria marchamos para Samos e tamén cando subimos cara Aira Padrón, o lugar no que se sitúa a primeira das instalacións que forman parte do percorrido artístico-emocional do Fiz polo seu val xabreiro de Lóuzara. A néboa esfiañábase nas abas dos montes que circundan o val louzarín e, nese intre, deixou de chover. Ao longo das horas que durou o percorrido, o tempo foi coma unha paréntese entre orballos, un agasallo do día de decembro, coma se o alento do Fiz contivera a chuvisca e a brétema.
Maribel e Xerardo son fotógrafos e os dous souberon apreciar, gozar e retratar a limpeza da luz, as pingas acesas pendurando das pólas, as cores do outono serodio, a fermosura desa paraxe pola que transcorre, de fito en fito, o roteiro do poeta que tan ben cantou a súa paisaxe en versos fondamente humanos. Comentabamos, María e eu, que eles gardarían memoria do detalle percibido a través do obxectivo, mentres que nós abriamos moito os ollos para que nos entrara neles tanta natureza e tanta frescura.
Unha tras outra sucedíanse as pezas artísticas, sempre á beira dos versos do poeta. Cada peza dun artista: Xesús Otero Yglesias, Manuel Buciños, Primitivo Lareu, Álvaro de la Vega, Miguel Marcía, Violeta Bernardo, Mónica Alonso, Paco Boy, Fernando Yáñez, Daniel Caxigueiro, Manuel Caamaño, Eduardo Valiña e Paco Pestana. Cada peza unha sorpresa, unha emotiva interpretación do espacio e do instante e con elas, os poemas de Fiz Vergara Vilariño, debullando esta poética xeografía sentimental dun escritor que soubo conxugar o amor polo seu eido coa intensidade vivencial, dándolle aos versos o carácter de cántico vital do home.
Con Imelda e Irene, as irmás de Fiz, visitamos a casa e a Fonte da Cova, e estivemos no interior do muíño onde o poeta muiñeiro escribiu algún dos seus poemas: ¡Ai de min que me acho senlleiro,/ xunto ó vello muíño,/ a che tecer unha coroa de soños e lembranzas,/ e pan centeo da derradeira fornada!
Varios son os valores que se conxugan neste espacio presidido polo rumor constante do río Lóuzara, espacio tan próximo a ese Courel que se intúe e ao Incio polo que as serras procuran a chaira. Sen dúbida, o primeiro é o natural, conxugado co etnográfico, universo de aldeas miméticas coa contorna, de camiños abertos entre arboredos, de lameiros e prados de recendo mineral, de suspiros de garza e exhibición de merlos acuáticos. Está logo a forza e a palabra do Fiz, o valor dos seus versos que agromaron no vizoso alento deste aire e desta terra, que expresaron o sentir do seu corazón. Integradas nelas as pezas escultóricas, cada unha interpretando un poema, cada unha integrándose nun medio singular: un outeiro, sobre un río, nun souto, nunha fonte, ao pé do río, anunciando unha fervenza ou unha encrucillada. Hai que engadir o valor gastronómico, con productos locais dos que Cunqueiro escribiría un tratado e Otero unha oda; e aínda o afectivo, que se percebe a cada paso, ese afecto e ese entusiasmo cos que os membros de Ergueitos fixeron posible este proxecto, único no noso país, e que vén sendo coma unha aperta de amor.
Deixamos o paraíso de amor no vento mudo e despedímonos de novo en Sarria. Alí, e como convocada tamén ela ao abrazo, regresou a chuvia.

Franscisco X. Fernández Naval e Maribel Longueira visitan Lóuzara

na casa de Fiz coas súas irmás Imelda e Irene e con María Casar

Bases do XI Fiz Vergara Vilariño

Bases do XI Fiz Vergara Vilariño

Olark Livehelp

WordPress Themes